SED TODOS BIENVENIDOS

DESDE MI PANTALLA es un blog que nace con la ilusión de que en él vayan apareciendo mis poemas, algunos ya publicados en Facebook, otros serán nuevos. También aparecerán relatos que ya han sido publicados en otros foros, especialmente en el "Tintero virtual". No tiene otra pretensión que darlos a conocer y que el/la que quiera pueda comentarlos si así es su deseo. Todos los comentarios son bienvenidos.

martes, 15 de septiembre de 2015

POEMA A ESPERANZA MARTÍNEZ DÍAZ


A ESPERANZA MARTÍNEZ DÍAZ


Así,
nun éxodo de forza arbitraria,
chegou a min
o estrondo mesurado da túa voz
nos cumios da alborada
co acougo dun arrolo
feito de auga arcaica e sabedora.

Foron meus
os teus sentimentos amoreados,
reverdecidos, vivos,
dádivas da túa alma directa
nunha historia de eternidades
xamais apertadas na pel
nun aquelarre de fermosuras infindas.

Respiras días e feitizos;
muller, es xoia e necesario aire
para vivir pola vella e nova melodía.
Harmonía na penumbra perfecta,
silencio tremelucente na noite violeta.

Así,
a ti, si.
Que es quen de darlle a volta
ás agullas dos días,
mentres penduras os pesadelos da historia
nos séculos do mundo
e paseas entre murmurios de árbores e fontes.

A ti,
coñecedora da sombra que agocha o instante
no que as aves incendian ceos,
grazas pola ofrenda,
por esa cabeleira incandescente dos teus versos,
estrelas que alumean o tempo arcano do meu  tránsito,
luz na miña incerteza e desacougo.

 -------------------------------------------------
© María Villar Portas

                                        
                                         Foto de la red


No hay comentarios:

Publicar un comentario