SED TODOS BIENVENIDOS

DESDE MI PANTALLA es un blog que nace con la ilusión de que en él vayan apareciendo mis poemas, algunos ya publicados en Facebook, otros serán nuevos. También aparecerán relatos que ya han sido publicados en otros foros, especialmente en el "Tintero virtual". No tiene otra pretensión que darlos a conocer y que el/la que quiera pueda comentarlos si así es su deseo. Todos los comentarios son bienvenidos.

jueves, 12 de noviembre de 2015

POEMA A MARÍA VILLAR--DE ESPERANZA MARTÍNEZ DÍAZ (POETA VIVEIRENSE)


POEMA A MARÍA VILLAR

 

Nalgún lugar das túas fendas en branco,
presinto a calidez da túa desfalecida fervenza.
Superpós o tempo, nun velorio, na que as lágrimas non se derraman,
lágrimas de éter, evaporadas nas túas flores, outonos, estrelas,
adoradas estacións.

Acumulas, na algarabía dos teus imprevistos ceos a fermosura,
cun implantado microscopio, na que a túa retina palpa
o invisíbel, ante abrochados ollos.

E es cátedra de versos,
es homenaxe de noites,
flor vivificadora na harmonía dos teus coidadosos xardíns.
A pradeira ule a túa mirada, aínda que as herbas non comprendan
a túa autonomía, o teu carácter de nobre madeira,
nos que os diapasóns estreitan os teus ilimitados horizontes.

E penso, e me deito, entre os teus panais de soños,
como aprendiz que admira os teus dons,
porque a vida, no seu causal devir, remolcoume até o teu semblante.

--------------------------

 Espe
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario